Vagalumes realizará unha Homenaxe a Balbino na lembranza de Xosé Neira Vilas

balbinoNeste mes de xaneiro cumpriuse o 55 aniversario da publicación de “Memorias dun neno labrego” do escritor Xosé Neira Vilas que vén de falecer. A Asociación Cultural “*Vagalumes*” quer facer unha homenaxe ao seu autor e a esta obra fundamental da literatura galega.

“*Memorias dun neno labrego*” é un *best seller* e un clásico. Por iso Galiza débelle tanto a Xosé Neira Vilas. Este autor que acaba de deixarnos foi un continuo colaborador do activismo cultural galego en xeral e estradense en particular. Ten participado en numerosos actos das asociacións e dos centros de ensino da nosa comarca. Por iso desde a Asociación Cultural “Vagalumes” en colaboración cos centros de ensino queremos renderlle esta homenaxe.

O acto será o vindeiro venres 29 de xaneiro ás 19:00 h. No Teatro Principal da Estrada. Durante a lectura proxectaranse vídeos.

Para anotarse na listaxe para ler podes facelo na seguinte ligazón:

www.tabeirosmontes.com

Asociación Cultural Vagalumes da Estrada

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta