Archivo de la categoría: Portada
XA está aberto o prazo de solicitudes para acoller a 14ª XIRA DO CICLO TELECLUB DA COMEDIA.
Todas aquelas asociacións veciñais ou parroquias que así o queiran, poderán dirixir polo rexistro do Concello da Estrada unha solicitude ao departamento de Cultura, para acoller unha actuación do novo ciclo do Teleclub da Comedia previsto para este próximo outono. … Sigue leyendo
O BNG ESIXE AO GOBERNO DO PP QUE DUNHA VEZ POR TODAS LLE DEA SOLUCIÓN A DÚAS OBRAS URXENTES NO LUGAR DE VILANOVA, NA PARROQUIA DE ORAZO.
Non estamos a falar de problemas que aparecesen agora. Estamos sendo eco da voz dos veciños e veciñas afectados, que non ven efecto algún das súas reiteradas peticións ao Concello desde hai moitos meses, incluso anos. Son deficiencias que representan … Sigue leyendo
O Concello da Estrada traballa na reorganización semafórica do casco urbano
O Concello da Estrada está traballando na reorganización semafórica do casco urbano, segundo informou hoxe o concelleiro de obras, Juan Constenla, que sinalou tamén que o semáforo situado na intersección da Avenida de Benito Vigo xa está reparado. Deste xeito … Sigue leyendo
Instalaranse 326 novos contedores para o lixo no rural da Estrada
Está previsto que, ao longo da semana, se reciban en instalacións municipais os 326 novos contedores para o lixo de carga traseira destinados ás zonas rurais do Concello da Estrada. Así o asegurou hoxe o concelleiro de Medio Rural, Juan … Sigue leyendo
O xoves proxectarase Cars 3 na Praza do Mercado
O vindeiro xoves 23 de agosto está previsto cerrar o Ciclo de cine na rúa coa proxección da película, dúas veces aprazada, Cars 3, que comezará ás 22:30 horas na Praza do Mercado da Estrada.
Ángeles Vázquez anima a solicitar as axudas para a creación de novas Sofor que contan cun orzamento de 850.000 euros
O prazo para presentar peticións remata este venres e a subvención permite tanto a posta en marcha de novas sociedades como a actividade inicial daquelas xa inscritas A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou hoxe Requián, no concello da … Sigue leyendo
Aberto o prazo para pedir bolsas de estudos postobrigatorios
Xa está aberto o prazo para solicitar bolsas de carácter xeral ofertadas polo Ministerio de Educación para aqueles alumnos que, durante o curso académico 2018-2019, vaian iniciar algún tipo de estudo postobrigatorio, como son o bacharelato, ciclos medios e superiores … Sigue leyendo



































