Ampa Alecrín do Foxo celebra festa Fin de curso

A ampa Alecrín do Foxo celebrou onte unha festa de fin  de curso das actividades extraescolares con exhibicións,obradoiros, merenda e sorteo de agasallos.
Os obxectivos,satisfactoriamente acadados,eran pasar unha divertida xornada coas familias, a integración das que se incorporan o vindeiro curso, amosar as habilidades adquiridas e que todos puidesen disfrutar, probar e participar das diferentes actividades. A anpa valora moi positivamente a asistencia das familias e agradece enormemente a implicación dos monitores que desinteresadamente ofreceron o seu tempo de lecer para facer posible esta xornada; así participaron AA40 estudio (robótica), Rosa María Gonzalves (pintura e manualidades), Cris Collazo (teatro), Priscila Dance (zumba), Club Budoyama (karate) Jorge Dios e Tania Gamallo (atletismo e ciclismo).

Publicado en Portada | Deja un comentario

Un centenar de alumnos participan nunha xornada de fútbol inclusivo na Estrada

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; e Sergio Álvarez, porteiro do RC Celta de Vigo; compartiron hoxe con ao redor de 100 alumnos e alumnas unha xornada de fútbol inclusivo. O evento enmárcase no protocolo asinado entre o departamento educativo da Xunta de Galicia e a Fundación do Fútbol Galego para poñer en valor os innumerables valores positivos do balompé e aproveitalos para fomentar a inclusión na escola.

Román Rodríguez felicitou ao alumnado e docentes participantes na xornada por facer do que ocorre a diario nas aulas unha situación normal tamén no caso do fútbol. Neste sentido lembrou que en Galicia preto do 92% dos escolares con necesidades específicas de apoio educativo asiste a centros ordinarios. Deste xeito, actividades como a de hoxe estenden esta integración ao recreo e ao tempo de lecer.

O conselleiro quixo ademais agradecer á Fundación do Fútbol Galego (enmarcada na Real Federación) a súa colaboración para avanzar o que é unha das liñas prioritarias de actuación do seu departamento, a inclusión educativa. Así mesmo, salientou a cooperación do Concello de A Estrada para a celebración desta xornada.

Os CEIP Plurilingüe nº1 (Tui), Julio Gurriarán Canalejas (O Barco), de Figueiroa (A Estrada) e Princesa de España (Verín) foron os participantes na xornada de hoxe de fútbol 7 inclusivo (equipos compostos por alumnas e alumnos sen e con necesidades específicas de apoio educativo). Ademais dos partidiños, ao longo da mañá celebráronse actividades de precisión (lanzamento a portería) e habilidade (circuíto técnico). Ademais, impartiuse un relatorio sobre as boas prácticas no deporte. Todos os escolares recibiron unha medalla como recoñecemento á súa participación.

Publicado en Portada | Deja un comentario

VII FEIRA DA SIDRA A ESTRADA

 

As 12 da mañá daba comezo a VII Feira da Sidra Concello de A Estrada, coa entrega do Grolo de Ouro da man do Conselleiro de Educación Román Rodriguez. 

Centos de persoas pasarón duranto todo o día pola carpa para a súa degustación.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xosé Manuel Lobaro aterriza no CEIP de O Foxo

 

 Está mañá aterrizaba no Ceip O Foxo Xosé Manuel Lobaro para visitar os nenos e plantar unha árbore no Patio do Cole.

De seguido os nenos de 5º Curso sorprendero cunha actuación Teatral dun conto.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O DEPUTADO SANTOS HÉCTOR FAI ENTREGA AO ALCALDE DA ESTRADA DE DOUS CAMIÓNS PARA A RECOLLIDA DO LIXO FINANCIADOS CO PLAN CONCELLOS POR CASE 450.000 EUROS

O deputado de Turismo, Santos Héctor, visitou esta mañá o concello da Estrada para facer entrega ao alcalde, José López Campos, de dous camións para a recollida do lixo, cuxo coste está subvencionado ao abeiro do “Plan Concellos”. Trátase de dous vehículos, un deles con motor diésel de 310 CV e o outro con motor diésel de 300 CV, aos que a Deputación de Pontevedra destinou en total 438.961,38 euros. Ambos camións teñen unha garantía de tres anos, incluíndo as tarefas de mantemento.

 

Máis polo miúdo, a Estrada tamén recibiu 54.450 euros do Plan Concellos para a adquisición de 300 colectores de RSU,  64.432,50 euros para os soportes dos mesmos e tamén 128.000 euros para a compra de 150 colectores de RSU de 2.200 litros para recollida lateral. Deste modo, no marco do Plan de Concellos, a institución provincial subvencionou ao concello da Estrada cun total de 685.843,88 euros para a recollida do lixo.

 

O deputado Santos Héctor saudou “de forma moi positiva a elección de investir os cartos do Plan Concellos nun servizo que mellora a vida da xente e o medio ambiente”. Pola súa parte, o alcalde da Estrada, José López Campos, agradeceu o investimento provincial “xa que son case 700.000 euros que se non fora polo Plan Concellos, non poderíamos levar a cabo”

 

A Deputación de Pontevedra destinou o pasado ano á Estrada 1.564.821,33 euros no abeiro do Plan Concellos. Este ano, a institución provincial incrementou a contía nun 73,10% polo que pon a disposición da vila preto de 2,7 millóns de euros para realizar investimentos, afrontar o pago de gasto corrente novo así como actuacións culturais, deportivas e sociais e contratar persoal para garantir os servizos municipais.

 

En case tres anos de lexislatura, o goberno de Carmela Silva destinou á Estrada preto de 8 millóns de euros a través de diferentes servizos da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, desde Cooperación destináronse máis de 6 millóns de euros á vila a partir do Plan Concellos e tamén do II Plan de Conservación. Tamén, a área de Cohesión Social e Xuventude achegou á Estrada preto de 53.668,80 euros destinados a axudas para entidades sociais, amais da participación das veciñas e veciños nos programas “Depoaventura A Lanzada”, “Depo en Marcha”, “DepoRúArte”, “Depotermal” e “En Ruta coa Depo”.

 

No que respecta ao servizo de Cultura, as achegas por parte da Deputación foron 158.311,29 euros destinados á asociacións sen ánimo de lucro para actividades culturais, adquisición de instrumentos, vestiario ou mellora de infraestruturas. Así mesmo, dentro desta área, tamén se achegaron subvencións para o conservatorio e escola de música, axudas para actuacións enmarcadas no Pontegal, subvencións para a dinamización lingüística, para a rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico e cultural, para o Ano Castelao e para o Ano do Patrimonio e para  a realización de festivais musicais e de artes escénicas.

 

No eido dos Deportes, a vila recibiu tamén nestes últimos tres anos do goberno da Deputación de Pontevedra 142.787,90 euros que comprenden dende subvencións para o deporte federado ata clubs en rexional preferente, nacional e para deportistas e clubs extraordinarias. Así mesmo, tamén se outorgan axudas para a Copa Deputación de Pontevedra e para actividades deportivas.

 

En canto á área de Igualdade, a Estrada beneficiouse con preto de 90.000 euros a través do programa “Conectadas” e a performance de “Mulleres en acción: Violencia Zero”. Pola súa banda, en Emprego a vila beneficiouse de máis de 190.000 euros a través do Plan de práctica laboral desde o ano 2015 ata este mesmo ano.

 

Desde Mobilidade destinouse ao concello máis de un millón de euros para mellorar o trazado e a seguridade de vías, para a construción de muros e obras de emerxencia en estradas provinciais, así como para a posta en marcha de novos pasos peonís e sinais, pintado de estradas e limpezas das mesmas. A Estrada tamén recibiu nestes tres anos de goberno de Carmela Silva preto de 90.000 euros do servizo de Medio Ambiente. A través destas achegas realizáronse actuacións de mantemento nos campos de fútbol de herba natural da vila, concedéronse achegas ás cooperativas agrogandeiras e asináronse convenios con asociacións do concello.

 

Xa por último, o goberno de Carmela Silva achegou máis de 54.400 euros ao concello en materia de Novas Tecnoloxías, a través do programa “SmartPeme”, e preto de 5.000 euros desde Comunicación que permitiron imprimir 6.000 revistas e 1.300 carteis de actividades da vila.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG DA ESTRADA TRASLADA AO PARLAMENTO GALEGO OS PROBLEMAS DA FEIRA DO MOBLE DE GALIZA

A Xunta ten que implicarse no relanzamento da Feira e na posta en marcha da Cidade do Moble

Xosé Magariños e Luís Bará, deputado do BNG no Parlamento Galego, presentaron no día de hoxe unha iniciativa para que o goberno da Xunta de Galiza se implique na resolución dos problemas que vén arrastrando a Feira do Moble de Galiza.

Este evento pasou de ser un referente para o sector do moble a ser na actualidade unha feira multisectorial sen rumbo claro, en continuo declive e sen perspectivas de futuro. Os datos da evolución da Feira entre 2017 e 2017 son contundentes: neste período de tempo perdeu o 80% por cento dos expositores, pasando de 250 a 50.

A Feira do Moble de Galiza é unha marca que puxo A Estrada no centro da industria do moble . É unha marca que temos a obriga de manter e consolidar con propostas que vaian ao fondo do problema que ten o sector, non só na Estrada. Para iso cómpre a implicación da Xunta de Galiza, xa que a presidencia da Fundación de Exposicións e Congresos que recae na figura do conselleiro de industria non é un cargo honorífico, é un cargo executivo, que comparte co padroado.

A proposición non de lei do BNG, rexistrada polo deputado nacionalista, Luís Bará, pide ao máximo responsábel da consellaría de industria, Francisco Conde López, desenvolver, en coordinación coas demais entidades que integran a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, un plan de relanzamento e consolidación da Feira do Moble da Estrada como evento de referencia do sector do moble e da madeira.

Hai que ter en conta que a Fundación de Exposicións e Congresos está presidida polo conselleiro de industria, polo que o BNG entende que a iniciativa política para mellorar a situación da Feira do Moble de Galiza debe corresponder ao goberno da Xunta.

Relanzamento do sector do moble
Por outra banda o BNG tamén busca con esta proposición non de lei rexistrada no Parlamento Galego por Luís Bará, impulsar a Cidade do Moble da Estrada, polígono sectorial de solo público, dotando no 2018 as partidas necesarias para o relanzamento do proxecto e do sector da madeira.

A Cidade do Moble na Estrada é un proxecto demandado polo sector que quedou aparcado nada máis chegar o PP de Feixóo ao goberno autonómico. Desde aquela, logo de recortes no proxecto e sentenzas xudiciais, só sabemos que foi aprobado polo Consello da Xunta en 2016 e desde aquela dorme en San Caetano á espera de dotación orzamentaria que o faga realidade. Unha dotación que o PP tumbou ano tras ano ao votar en contra das emendas do BNG aos orzamentos da Xunta. Con esta iniciativa Parlamentar o BNG buscar relanzar o proxecto do polígono público sectorial da madeira.

O sector da moble está en crise, e para reverter esta situación cómpre unha aposta decidida polo sector do moble e da madeira, é necesaria unha iniciativa institucional firme que reoriente, revitalice e consolide a Feira do moble e que impulse a Cidade do moble, co obxecto de converter a Estrada no centro estratéxico da industria galega do moble. Esta iniciativa ten que ten ademais como finalidade potenciar a cadea de valor do sector da madeira, pechando ciclos e creando valor engadido a partir da potenciación da produción e comercialización de madeiras de calidade.

Para conseguir estes obxectivos precísase en primeiro lugar confianza no potencial que ten o sector, vontade política para levar adiante as propostas, e medios económicos para facelas realidade. É é necesaria a implicación decidida de todas as partes: Consellaría de Industria, Concello da Estrada, Deputación de Pontevedra, Asociación de empresas do moble e Cámara de Comercio.

 

BNG A ESTRADA

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Festas San Paio 2018

 

  VENRES 22 DE XUÑO (VÉSPERAS)                                            
                                               
11:00 FESTIVAL X FEST 2018 (ZONA DEPORTIVA)                                            
21:00 ACENDIDO DO ALUMEADO                                            
21:00 VII NOCTURNA ESTRADENSE-CATEGORÍAS BASE (SAÍDA E CHEGADA NA RÚA CALVO SOTELO)                                            
23:00 VII NOCTURNA ESTRADENSE-CATEGORÍA ABSOLUTA (SAÍDA E CHEGADA NA RÚA CALVO SOTELO)                                        
HORA SÁBADO 23 DE XUÑO                                  
                                               
9:30 TROFEO DE FÚTBOL PRAIA CATEGORÍA BASE (ALAMEDA)                                            
11:00 FESTA DA BICICLETA (PRAZA DO MERCADO)                                            
12:00 PREGÓN E BRINDIS CON SIDRA ESTRADENSE (PRAZA DO CONCELLO)                                            
12:30 CONCERTO DOS CHIQUIS (PRAZA DO CONCELLO)                                            
18:45 MASTERCLASS DE ZUMBA SOLIDARIA DE PRISCILLA EN FAVOR DE CÁRITAS A ESTRADA (PRAZA DO CONCELLO)                                      
19:00 PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO EN FAVOR DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO: CD ESTRADENSE – ESTUDIANTIL (CAMPO NOVO)                                
20:00 REPRESENTACIÓN FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DO GRUPO XUVENIL 2 DA OBRA «A CINCENTA XA NON QUERE COMER PERDICES» (TEATRO PRINCIPAL)                          
20:30 EXHIBICIÓN DO ABSOLUTE CENTRO WELLNESS CON ACTUACIÓN DE RITMOS URBANOS DOS GRUPOS FUNKY VIVES E CLUB XIMNASIA ESTRADA (PRAZA DO CONCELLO)                          
22:00 SARDIÑADA DE SAN XOÁN (NOVO APARCADOIRO PRAZA DO MERCADO) COAS SEGUINTES ACTUACIÓNS:                                      
22:00 CONCERTO A BANDA DA LOBA                                            
0:00 LUMEIRO                                            
0:30 CONCERTO DE TREIXADURA                                            
2:00 VERBENA CON GRUPO SAMBA (PRAZA DA FAROLA)                                            
                                               
                                               
                                               
                                               
  DOMINGO 24 DE XUÑO                                  
9:30 TORNEO DE FÚTBOL PRAIA CATEGORÍA SENIOR (ALAMEDA)                                            
11:00 BOMBAS DE PALENQUE                                            
11:00 TOBOGÁN SLIDE ACUÁTICO (RÚA 56)                                            
11:00 CHARANGA OS ATREVIDOS                                            
12:00 PASARRÚAS A CARGO DA BANDA DE MÚSICA ARTÍSTICA DE MERZA                                            
13:00 CONCERTO BANDA DE MÚSICA ARTÍSTICA DE MERZA (ALAMEDA)                                            
17:00 TOBOGÁN SLIDE ACUÁTICO (RÚA 56)                                            
17:30 EXHIBICIÓN DE NATACIÓN SINCRONIZADA DO CLUB SINCRO BURBULLAS DA ESTRADA (PISCINAS MUNICIPAIS)                                      
19:00 FINAL X TORNEO DE TENIS DE DOBRES (PISTAS MUNICIPAIS)                                            
20:00 PASARRÚAS DA BANDA DE GAITAS DE FORCAREI                                            
20:00 PASARRÚAS DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA                                            
21:00 XOLDRA NA EIRA: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SILLEDA E BANDA DE CAITAS DE FORCAREI. (RÚA CALVO SOTELO)(COLABORA AGADIC)                                 
22:30 VERBENA CON  COMBO DOMINICANO (PORTA DO SOL)                                      
0:00 SORTEO RIFA «A COMISIÓN DE FESTAS DA ESTRADA LÉVATE DE VACACIÓNS» (PORTA DO SOL)                                            
0:15 CONCERTO «MICHAEL LEGEND» MUSICAL TRUBUTO A MICHAEL JACKSON (PRAZA DO CONCELLO)                                            
                                               
                                               
  LUNS 25 DE XUÑO                                  
11:00 BOMBAS DE PALENQUE                                            
12:00 MAÑÁN DE ACTIVIDADES CON ACOE (RÚAS ULLA E CALVO SOTELO)                                            
12:00 PASARRÚAS A CARGO DA BANDA DE GAITAS DE BARBUDE                                            
11:00 CHARANGA SANTA COMPAÑA                                            
13:00 CONCERTO DA BANDA DE GAITAS DE BARBUDE (ALAMEDA)                                            
20:00 CONCERTO THE BICHOS JAZZ BAND (RÚA CALVO SOTELO)                                            
21:00 FESTIVAL DE BAILABLES CA BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA (PRAZA DO MERCADO)                                            
22:30 VERBENA CON PANORAMA (PRAZA DA FAROLA)                                      
1:00 CONCERTO HEREDEIROS DA CRUS (PRAZA DO CONCELLO)                                      
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
  MARTES 26 DE XUÑO                                            
10:00 3X3 DE BALONCESTO CATEGORÍA BASE (PRAZA DO MERCADO)                                            
11:00 BOMBAS DE PALENQUE                                            
11:00 CHARANGA OS XIRIMBAOS                                            
11:00 II TORNEO DE TENIS DE MESA (RECREO CULTURAL)                                            
12:00 PASARRÚAS DA BANDA DE MÚSICA CULTURAL DA ESTRADA                                            
13:00 CONCERTO BANDA DE MÚSICA CULTURAL DA ESTRADA (ALAMEDA)                                            
16:00 3X3 DE BALONCESTO CATEGORÍA ABSOLUTA (PRAZA DO MERCADO)                                            
18:00 TOURO MECÁNICO E INCHABLES (ALAMEDA)                                            
19:00 CONCERTO DA BANDA DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN (TEATRO PRINCIPAL)                                            
19:15 CONCERTO DE JUÁN «EL BARDO» CAMPOAMOR (RÚA CALVO SOTELO)                                            
19:15 CONCERTO DE ANGELO «EL MILAMORES DE JALISCO» (RÚA ULLA)                                            
20:00 MISA CANTADA NA HONRA A SAN PAIO E PROCESIÓN A CARGO DA BANDA DA ESCOLA NAVAL MILITAR DE MARÍN                                      
20:30 EXHIBICIÓN DA ESCOLA DE BAILE SONDODANCE (PRAZA DO CONCELLO)                                            
21:30 START OF SUMMER FESTIVAL: PEDRO RIVADULLA, IVÁN CAMPOS, CARLOS LÓPEZ, GROOVE AMIGOS E BLVCKR (PRAZA DO MERCADO)                                  
22:30 VERBENA CON SATÉLITES (PORTA DO SOL)                                      
    GALILEA (PRAZA DA FAROLA)                                      
                                               
                                               
                                               
  MÉRCORES 27 DE XUÑO                                            
11:00 BOMBAS DE PALENQUE                                            
11:00 EXHIBICIÓN DE COCHES RADIO CONTROL JPASPORT RC (PRAZA DO CONCELLO)                                            
11:00 CHARANGA BB+                                            
12:00 REPRESENTACIÓN DA OBRA «A TROPA DO DR. MIRAGRE» DA COMPAÑÍA INVENTI TEATRO (PRAZA DO MERCADO)                                      
12:00 PASARRÚAS A CARGO DA BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA                                            
13:00 CONCERTO DA BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA (ALAMEDA)                                            
18:00 BAUTIZO HÍPICO, ORGANIZADO POR SOCADE (NOVOS TERREOS DA ALAMEDA)                                            
18:00 INCHABLES (PRAZA DO MERCADO)                                            
20:00 MISA CANTADA POLA CORAL POLIFÓNICA ESTRADENSE E PROCESIÓN DO SANTÍSIMO A CARGO DAS BANDAS MILITAR DA BRILAT E MUNICIPAL DA ESTRADA                            
  A CONTINUACIÓN CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA MILITAR DA BRILAT (PRAZA DO CONCELLO)                                        
22:30 VERBENA CON  CINEMA (PRAZA DO CONCELLO)                                        
0:00 ESPECTÁCULO PIROMUSICAL – FOGOS FIN DE FESTA (BAIUCA)                                            
0:30 VERBENA CON PARIS DE NOIA (PRAZA DA FAROLA)                                    
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
                                               
Publicado en Portada | Deja un comentario