Os carteiros da Estrada homenaxean ao seu xefe de reparto, Lino Castro, pola súa xubilación

IMG_4461O pasado sábado a taberna da Aurora de Matalabos acolleu unha comida en homenaxe a Lino Castro recentemente xubilado como Xefe de Reparto de Correo en A Estrada.

Lino entrou en correos seguindo o camiño de seu pai e de outros membros da súa familia e traballou neste sector 42 anos.

Os seus compañeiros quixeron homenaxealo con este xantar onde o agasallaron con un reloxo como e unha carta. Tamén lle regalaron un ramo de flores a súa dona. A parella correspondeu aos asistentes con uns recordos.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Empresas e Comercio, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario

As xornadas de estudos locais despídense cunha recopilación de fotos históricas de A Estrada

IMG_4158A pasada semana clausuráronse as II Xornadas do Seminario de Estudos Locais da Estrada. Nesta última mesa redonda realizada por Marisé García e Juan Andrés Fernández, mostráronnos unha recopilación de lugares emblemáticos do casco urbano da Estrada. Actuou como moderador José Luis Reimóndez.

Previamente o grupo de gaitas Tequexetéldere abreu o acto cun grupo de pandereteiras.

Finalizada a exposición proxectouse unha mostra fotográfica destes tres días das xornadas e clausuraron o acto o alcalde, José López, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

SAN MIGUEL DE MOREIRA, A ESTRADA, PONTEVEDRA.

01 266 copiaSan Miguel de Moreira, A Estrada, Pontevedra, é una parroquía estradense que límita con : Barbude, Aguións, Lagartóns, Callobre, Ancorados, Berres e Ribeira.

A súa igrexa é de estilo románico ainda que sufreu moitas modificacións. De ábside semicircular e planta de cruz latina, no ábside conserva restos dun fresco con figuras debuxadas que datan de finais do século XVI. Tamén ten modillóns que representan figuras humanas, monstruos ou cabezas humanas.

As festas relixíosas celebranse en agosto, na honra a Santo Domingo e en setembro, na honra a San Miguel.

Sigue leyendo →

Publicado en Igrexa, Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Gañadores das entradas de "La Habitación Roja"

IMG_6657Xa temos os gañadores das 4 entradas para o concerto deste sábado de «La Habitación Roja».

Na noite de onte, coa colaboración do polifacético humorista Pablo Chichas, realizamos o sorteo do concurso das entradas para o concerto do grupo valenciano, La Habitación Roja. Empregando como sede do sorteo un dos extraordinarios comedores do restaurante Samaná, que amablemente nos cederon para que poidérades acudir os interesados no desenvolvemento da rifa, os gañadores foron os seguintes:IMG_6632

– Daniel Fernández

– Marcos Otero

– Mónica Vilarelle

– Carlos Antonio Torres

Durante o sorteo, tamén saíu premiada Patricia Otero, pero como as entradas que se sortean son individuais e xa gañara unha noutro concurso, volveuse sortear dita entrada. Os gañadores podedes recoller os tickets na billeteira do teatro antes do concerto presentado o DNI.

Parabéns aos gañadores e grazas por concursar a todos os participantes.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Esta noite ás 21:00 horas no restaurante Samaná sorteo das entradas para "La Habitación Roja"

fotopromoaltaresol1Esta noite ás 21:00 horas no restaurante Samaná, na rúa Gradín, realizaremos o sorteo das 4 entradas para o concerto deste sábado de «La habitación Roja».

Podedes seguir apuntandovos ao sorteo ata ás 19:30 horas.

Para concursar non tedes máis que enviarnos o voso nome completo e número de teléfono poñendo como asunto (Sorteo entradas La Habitación Roja), por calquera das seguintes vías:

– Por Email a: sorteo@aestradanarede.net

– Por SMS ou WhatsApp ao teléfono 648970792

– Tamén podedes enviarnos unha mensaxe privada polo Facebook

Unha vez recibida a vosa solicitude remitirémosvos do mesmo xeito o voso número de participación.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

FARO DE PUNTA FROUXEIRA- VALDOVIÑO, MEIRAS

002 471 copia

Unha construcción de aproximadamente 30 metros, sito en Valdoviño, Meirás, A Coruña, o Faro da Punta Frouxeira, alzase uns 70 metros sobre o nivel do mar. Foi construído no ano 1992 e posto en funcionamento no ano 1994.

Ten un deseño vangardista e pode presumir de ser o faro máis novo de Galicia.  A famosa capilla da Virxe do Porto está moi proxima ó faro, polo cal moita xente se achega ata este punto e desfruta das vistas panorámicas que o entorno nos ofrece.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

PONTE BUSACOS, VEDRA, A CORUÑA.

007 064 copia

Atopamos esta pequena ponte de orixe medieval  en San Fins de Sales, Vedra, A Coruña.

Construída en cantería de pedra, conta con dous arcos semicirculares, e dous aliviadeiros adintelados. A visita a Ponte Busacos,  convirtese  nun placenteiro paseo en plena natureza.

007 084 copia

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario