Rapa das Bestas

GALERÍA RAPA DAS BESTAS SABUCEDO 2024:

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xubilación Rosa Ferreira

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rueda resalta a importancia de Protección Civil para o benestar e a seguridade de todos os galegos

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe o labor levado a cabo polo corpos de Protección Civil para o benestar e a seguridade de todos os galegos, “homes e mulleres que entregan o seu tempo e se ocupan de algo que ás veces non valoramos ata que o necesitamos”, indicou.

Así o salientou esta mañá na Estrada, no acto de entrega de medallas ao mérito de Protección Civil, no que estivo acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo alcalde Estradense Gonzalo Louzao   . No acto concedéronse as distincións outorgadas en 2023 e en 2024, recoñecendo así a 79 voluntarios que cumpriron 25 anos de servicio, e entregándose 21 medallas de bronce, 8 medallas de prata -unha delas a título póstumo- 3 placas de prata e 2 medallas de ouro: unha do ano 2023 para Manuel Silva (a título póstumo) e unha do ano 2024 para Carlos García Touriñán.

“Creo que temos moitas razóns para estar orgullosos da nosa Protección Civil, eses milleiros de persoas que traballan como en ningunha outra comunidade autónoma”, manifestou o titular do Goberno galego, ao mesmo tempo que resaltou o incremento de voluntarios nos últimos anos.

O Goberno galego leva investidos en Emerxencia máis de 22 millóns de euros desde 2009 en axudas para custes de financiamento, formación de voluntarios e dotación de material e equipamento. Neste sentido, o presidente remarcou o compromiso do Executivo de seguir contribuíndo a á formación e dotación do material preciso.

Por último, agradeceu tamén o labor levado a cabo polos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, as Forzas Armadas e os concellos, “formamos un gran equipo”, e destacou a Academia Galega de Seguridade Pública, onde se celebrou o acto, como un “centro segue a ser unha referencia nesta capital galega das emerxENCIAS

GALERÍA:

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

SAN PAIO 2024

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada asinou un convenio para a tempada 24-25 coa EDM Baloncesto A Estrada, o Obradoiro CAB e a Fundacion Obradoiro

O Concello da Estrada asinou un convenio para a tempada 24-25 coa EDM Baloncesto A Estrada, o Obradoiro CAB e a Fundacion Obradoiro, polo que cederá as horas de instalacións precisas para o encaixe das actividades dos dous clubs. A entidade deportiva santiaguesa aportará ca sua estrutura profesional soporte o club estradense a nivel de adestradores, así como xornadas mensuais de formación e tecnificación dos técnicos. Outra das cláusula inclue a promoción das escolas deportivas e o fomento e asentamento do baloncesto feminino no municipio estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López Campos reitera o valor cultural e patrimonial da Rapa das Bestas que está en proceso para ser BIC

 

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos acompañado do alcalde estradense Gonzalo Louzao , reiterou esta mañá durante a presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo 2024 que se trata dunha festa  que “reúne todos os condicionantes para formar parte do patrimonio inmaterial de Galicia”. Neste senso, subliñou que a celebración, que terá lugar do 5 ao 8 de xullo no concello pontevedrés da Estrada, “é unha tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva dos galegos e galegas”.

Tal e como lembrou López Campos, o Goberno galego anunciou hai uns días o inicio do procedemento para que a festa sexa declarada Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial, destacando que xa é considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional. A decisión de incoar o expediente para comezar cos trámites vén motivada, explicou, “por tratarse dunha manifestación que está a ser preservada de xeito tradicional por unha comunidade que traballa durante todo o ano realizando as accións necesarias para o coidado dos cabalos e que vai máis alá de baixalos ao curro e ceibalos de novo no monte”. Motivo este, engadiu, polo que hai que “agradecer a implicación da Asociación Rapa das Bestas”.

O titular de Cultura da Xunta estivo acompañado no acto de presentación desta edición 2024, celebrado no Museo das Peregrinacións de Santiago, polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e polo presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo Vicente Monteagudo.

Tradición e atractivo turístico

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que, segundo a lenda oral, se remonta á segunda metade do século XVI, achegándose así aos 500 anos de vida e manténdose a día de hoxe conxugando o seu espírito e os seus valores orixinais coa evolución en canto a coidado dos animais e do medio ambiente. Ademais, supón un gran atractivo turístico con repercusión internacional pola singularidade da celebración, sendo a parte do curro, onde confrontan técnica e forza os aloitadores e os cabalos, a que esperta máis interese pola súa espectacularidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Alfonso Villares pon en valor a calidade dos produtos do mar e insiste no fomento do seu consumo dende o interior de Pontevedra

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou a peixería Chedas así comos as peixerías do Novo Mercado da Estrada onde puxo en valor os esforzos realizados desde a Xunta na promoción continúa dos produtos pesqueiros galegos tanto na costa como no interior da comunidade. O titular de Mar, acompañado polo rexedor estradense, Gonzalo Louzao, enxalzou a calidade e sabor do peixe e marisco galegos e resaltou os importantes beneficios que hai detrás do seu consumo grazas á súa riqueza nutritiva. Nesta liña, recordou que a presenza destes alimentos é fundamental en calquera dieta equilibrada e saudable como a dieta atlántica.

Por outra banda, o responsable autonómico fixo un recoñecemento aos profesionais que rexentan estes establecementos, puntos de venda referentes no municipio, e que exercen como os mellores embaixadores e difusores da propiedades e calidades dos produtos do mar de Galicia. Tamén reclamou que o Goberno central acompañe e apoie o fomento do consumo destes alimentos rectificando a súa negativa a rebaixar o IVE ao peixe, mariscos e conservas como si se fixo con outros da cesta da compra. Unha decisión moi demandada polo propio sector e que tería efectos moi positivos na saúde da cidadanía así como na actividade económica do conxunto da cadea mar-industria que emprega a máis de 50.000 persoas na comunidade e que representa ao redor do 5% do PIB galego.

Publicado en Portada | Deja un comentario