A Fervenza de Ouzande fixo entrega dunha manta realizada por mulleres da asociación á ONG Implicadas no desenvolvemento

manta 06No ano 2014 un grupo de 15 mulleres participaba nun curso de tecer, ganchillo, tear e trapillo organizado pola Fervenza de Ouzande. Tres meses despois, xa a primeiros de 2015, estas mulleres e algunhas máis decidiron continuar a xuntarse todos os martes ás 8 da tarde no Local Social de Ouzande, para seguir facendo traballos de tecido todas xuntas, intercambiando experiecias, coñecementos, e tamén historias, contos e vivencias. Nacían as Xuntanzas para tecer. Só descansaron coa chegada do verán, e xa no outono, volvéronse reunir para continuar coas xuntanzas, cada vez con máis adeptas.

Na primavera deste ano, recibiron a proposta, xurdida do grupo local da Estrada da ONG galega *Implicadas no Desenvolvemento*, de colaborar coa campaña de recollida de fondos para os seus proxectos coas mulleres da India. E decidiron facer A Manta. Despois manta 05de case dous meses de traballo compartido, remataron o seu proxecto, planeado e realizado por todas elas, un grupo de 15 mulleres, ás que se sumaron outras máis que non puideron colaborar na confección da mesma, pero que si aportaron o seu ánimo e, como todas as demais, os seus cartos para os materiais necesarios.

O pasado mércores fixeron entrega da manta solidadaria ás representantes locais de Implicadas no Desenvolvemento. A manta formará parte dun lote de produtos que a ONG sorteará coa venda de rifas para a recadación de fondos.

Actividades coma esta danlle sentido ao proxecto social e cultural que trata de levar adiante A Fervenza de Ouzande.

A Fervenza de Ouzande

Esta entrada fue publicada en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta