O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xefe territorial de Economía, Ignacio Rial, comunicáronlle ao alcalde, José López, a concesión dun novo obradoiro de emprego para o noso concello.
A Estrada presentará nesta ocasión dous proxectos para obradoiro de emprego, un para maiores de 25 anos, coa segunda fase da Casa da Música, e outro para menores de 25, para a remodelación da praza exterior. Cores notificou que ambos proxectos foran aprobados e o alcalde decantouse polo de maiores de 25 anos, dado que o anterior fora dirixido a menores de 25.
Antes do 30 de setembro dará comezo a execución da segunda fase da Casa da Música que levaran acabo 20 desempregados, preseleccionados pola oficina de emprego, e que traballaran formándose en dous módulos, carpintería e albanelería. Ademais desta formación, durante os 6 meses que dure o obradoiro, percibirán o salario mínimo interprofesional.
Cores Tourís aproveitou a visita á Estrada para anunciar que Lalín tamén obteu un dos 29 obradoiros de emprego que ofertaba a Consellería de Economía.