Aumenta a participación nas rutas BTT de Bikestrada

Fotografías : BTT Bikestrada

 

Uns 85 ciclistas tanto da Estrada coma doutros puntos de Galicia déronse cita hoxe ás 10 da mañá na Alameda da Estrada para participar na última ruta popular organizada por Bikestrada para este outono.
Foi unha xornada fría pero solleira na que se percorreron 20 km polos camiños de montaña dos montes de Ouzande e A Somoza. A medida que foi lucindo o sol e a xeada se foi derretindo, o pelotón estradense foi ascendendo cara ao alto da Pedralba para gozar dunhas vistas impoñentes cara á Ría de Arousa, ao monte Cábado, a zona do Deza, a vila da Estrada, Santiago e mesmo se chegou a divisar con moita nitidez a fumareda da central de Cerceda. Aínda que a ruta non estivo exenta de dificultades, estas fóronse superando con bo humor e entusiasmo. Cara ás 13:00h xa todos os participantes estaban de regreso na Estrada, contentos por ter participado nesta ruta organizada pola Peña Ciclista BIKESTRADA.
Redacción : BTT Bikestrada
Esta entrada fue publicada en Deportes, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta