Asociación de veteranos do clube estradense organiza unha Gala Benéfica

Por problemas có audio da presentación, xa que dispoñíamos dunha banda sonora a cargo dos traballadores das obras que se están a realizar no concello, subimos sólo unha pequena parte da presentación.

Gravación e montaxe: Iria Eiras

Este martes presentáronnos o cartel dunha Gala Benéfica organizada pola Asociación de veterenos do clube estradense, na que colabora o departamento de cultura do concello estradense.

Según nos explicaban os membros da asociación José Manuel Rey, Víctor Lorenzo e Santiago Chao, acompañados do edil de cultura Juan Constenla, a Gala consistirá na actuación de dous nos mellores contacontos cos que contamos nestes momentos en Galicia, Celso de Lalín e Cándido Pazó.

As entradas estarán a venda no departamento de cultura do concello, na cafetería Nicol´s e no mesón A Vila, e terán un importe de 5€.

O concelleiro de cultura agradecelle a labor que desempeñan sempre nestas datas, xa que «ademáis de recaudar fondos para fins deportivos, realizan unha labor de apoio e promoción social nunha época como é o Nadal, onde o sentimento de abandono está máis acentuado»

Ademáis desta gala a asociación de veteranos tamén ten previstos outros actos para o día 29, xornada na que esperan xuntar o case un centenar de veteranos que pasaron polo clube nos seus 39 anos de historia. Comezarán ás 12 horas deixando ramos de flores nos cementerios dos veteranos falecidos. Posteriormente ás 4 da tarde no campo de Figueroa xogaran un partido que denominaron I Memorial Alfonso Varela, en recordo non sólo dun xogador, senon tamén do que foi durante moitos anos presidente. O encontro será entre o Estradense de Veteranos e unha selección de amigos de Alfonso, composta polos que xogaron con el. Seguidamente terán unha misa por tódolos defuntos dos veteranos ás 7:30 da tarde na Igrexa de A Estrada e finalizarán a xornada con unha merenda de confraternización.

Redacción: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta