Gravación e montaxe: Iria Eiras
Trailer do pasado ano realizado por Producciones Trípode
Hoxe tivo lugar a presentación da segunda edición de Panic, festival de terror organizado por Producciones Trípode e no que colaboran o concello de A Estrada e o Servizo de Prevención de Trastornos Aditivos. Estes últimos poñen en valor este tipo de iniciativas o ser unha alternativa de ocio para os rapaces.
Según nos contan Pedro Pérez e Fernando López, responsables da produtora, e Juan Constenla, concelleiro de Cultura, realizaron unhas charlas previas nos centros escolares estradenses IES Nº1, IES Losada Diéguez e IES Manuel García Barros, que tiveron unha boa acollida polos alumnos. Nestas trataron “A Evolución dos monstros na historia do Cine” e foron impartidas por Pedro Pérez.
Os seguintes actos que teñen previstos son unha nova marcha zombie ante o éxito da do ano pasado. Terá lugar o venres 11 de Xaneiro ás 19:00 horas polas rúas estradenses. Nesta ocasión contará con dúas “Flash Mobs” consistentes en coreografías de baile guiadas por Sondodance e o ximnasio Absolute. Posteriormente pecharan a noite con unha chocolatada e premiaran á mellor caracterización Zombie.
Durante esta edición proxectaranse nas Salas dos Minicines Central con entrada gratuita as seguintes películas:
– Lobos de Arga, 11 de Xaneiro ás 12 da noite.
– The Possesion, 18 de Xaneiro ás 12 da noite.
– Sinister, 25 de Xaneiro ás 12 da noite.
– Carrie, 1 de Febreiro ás 12 da noite.
Como o ano pasado haberá tamén un concurso de curtas presentadas polos alumnos dos IES estradenses que desexen participar. Producións que poderán ser visionadas na Gala final do festival que terá lugar o sábado 2 de Febreiro no Teatro Principal á s 20:30 horas. Aquí tamén nos agardará algunha sorpresa máis nunha entretida e terrorífica noite.
Redacción: Iria Eiras
Incorporamos unhas fotos de imaxes cedidas por Trípode Produccións que nos explican no seguinte comunicado:
Los miembros de Producciones Trípode aprovecharon la mañana del sábado para realizar un experimento promocional de la segunda edición del Festival de cine de Terror de A Estrada PANIC.
Tras un concienzudo proceso de maquillaje algunos de los miembros de las Escolas Municipais de Teatro fueron transformados en zombies y liberados en varios puntos de A Estrada.
De esta manera filmaron las reacciones de los viandantes que pasaban por lugares como la plaza del Concello, la plaza de Abastos o las galerias del GADIS cuando se topaban con estos monstruos.
Las imágenes obtenidas podrán ser vistas próximamente dentro de la programación de actos del festival.






































