Ante as inclemencias meteorolóxicas do día de noiteboa, non foi posible realizar a tradicional cabalgata de Papá Noel. Sin embargo, Papá Noel non podía faltar a súa cita cos rapaces, aos que recibiu na residencia da terceira idade con moreas de caramelos. Os máis cativos, acompañados polos seus pais, abarrotaron o local formando unha longa ringleira para ver e pedir os seus agasallos con gran ilusión e entusiasmo.
Gravación: Adrián Eiras
Fotografía e montaxe: Iria Eiras
Música: En Navidad (Coro de Aguións)
Mi burrito Sabanero (Coro de Sta. Cristina de Vea)






































