V Encontro de Coros Parroquiais

O pasado domingo 23 de Decembro tivo lugar a quinta edición do encontro de coros parroquiais estradenses. Como ven sucedendo nos últimos anos o certame encheu a Igrexa de San Paio coa participación de 11 coros: San Pedro de Ancorados, Arca, Santa Cristina de Vea, Aguións, Paradela, San Xurxo de Vea, Moreira, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, Curantes e Arnois.

Poden ver o resto dos vídeos dos distintos coros premendo sobre os nomes no párrafo superior ou na sección de música.

Ao remate das intervencións individuais, nas que cada coro interpretou dúas pezas, cantaron todos xuntos «Aló entre pallas», peza popular galega e «Xuntos cantando» de José M. González, cantos que poden escoitar neste vídeo.

Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras

 

Esta entrada fue publicada en Música, Portada, ¡Especial Nadal!. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta