Making off: Maquillaxe dun zombie Promo Panic II praza do Concello
Promo Panic II Feira Promo Panic II Galerías
Coreografía Zombie Sondo Dance
Na xornada de onte o concelleiro de cultura, Juan Constenla, acompañado de membros de trípode produccións, Pedro e Fernando, así como de representantes do ximnasio absolute e da academia de baile Sondo Dance, Martina Sande e Carlos Romero respectivamente, presentáronnos a segunda marcha zombie que transcurrirá mañá polas rúas da vila.
Para participar non é necesario anotarse, simplemente asistir caracterizado de zombie. O programa é o seguinte:
16:30 : Maquillaxe das agrupacións de baile que interveñen no desfile.
18:00 : Convocatoria de todos os zombies na Praza da Feira e retoques de maquillaxe de última hora.
18:30 : Comezo «Zombie walk». Saída da Praza da Feira, Calvo Sotelo, Praza de Galicia, Serafín Pazo, Avd. Benito Vigo ata chegar a Praza do Concello.
19:30 : Comezo das «flash mobs», coreografías colectivas que prepararon no ximnasio absolute e na academia de baile Sondo Dance. Esta última ten os pasos nun video do que dispoñedes do link o comezo desta nova, para todos os que o queirades aprender.
20:30 : Coñecerase o gañador a mellor caracterización zombie e rematarase a festa cunha chocolatada para todos os participantes.
¡Esperámosvos!
Tamén recordarvos que este venres comezan as proxeccións de cine de terror nos minicines central. Ás 23:30 o actor Manuel Manquiña realizará a apertura do festival nos propios minicines, acompañado de Lola Puente e Arturo Cobas, participantes na película «Os Logos De Arga», que será a primeira en proxectarse ás 00:00 horas.
Gravación e Redacción: Iria Eiras






































