O PSOE fai valoración da primeira comisión de facenda sobre os orzamentos do 2013

IMG_8929

Este xoves pola tarde tivo lugar a comisión de facenda na que se trataron os orzamentos para este ano.
O grupo socialista destaca que nun orzamento de 12.445.750 euros, na que unha importante partida de ingresos proceden da subida do IBI, se destinen estes ingresos extra a gastos correntes do concello, mentres a partida de inversións se reduce con respecto a 2012.

De igual xeito, denuncian a desaparición de proxectos de inversión dotados de orzamento no 2012 e que non se realizaron. Mentres, outros proxectos como o adecentamento dos parques infantís da Alameda e Figueroa, tamén sen realizar, voltan a estar dotados dunha partida económica practicamente idéntica a do ano anterior, algo que en principio no marco da situación económica actual parece non ter moita lóxica.
Caso parecido acontece co proxecto de apoio a emprendedores dotado de 24000 euros en 2012 e que nunca se chegou a executar, aínda que se volta recoller este programa nos orzamentos 2013, irá destinada a emprendedores de 2012.
Por outra parte os socialistas tamén piden que se revisen as previsións de axudas ás ANPAS dos colexios, pois non parece lóxico que mentras algún centro, como Figueroa, reciba 4000 euros outros queden a cero ou reciban 100 euros.
Dende o grupo socialista agardamos que o grupo de goberno teña en conta as achegas realizadas, e poder facer máis propostas no vindeiro Consello Económico, así como na próxima Comisión de facenda.

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta