O BNG non está en política para aplaudir ao PP e si para buscar o mellor para os veciños e veciñas da Estrada

Valoración BNG presuposto 2013O pasado venres, Xosé Magariños e Maribel Ruíz en representación do BNG de A Estrada, fixeron a súa valoración aos presupostos do ano 2013. Xosé Magariños, tamen reivindica a prioridade de mellorar a seguridade vial e saneamento na estrada Portela-Souto de Vea antes que en campos de fútbol, como se recolle no seguinte comunicado de prensa do partido.

Gravación e Redacción: Iria Eiras

O alcalde prefire gastar máis dun millón de euros nun campo de fútbol que en mellorar as infraestruturas viais do concello.

“O BNG non está en política para aplaudir ao PP, senón para defender os intereses dos veciños e veciñas da Estrada”, afirmou Xosé Magariños en alusión ás declaracións feitas o pasado xoves polo alcalde, logo da rolda de prensa dos nacionalistas na que denunciaban a falta de compromiso da Deputación e o concello coas obras da estrada Portela-Souto de Vea.

“Por outra parte, coido que o Alcalde non sabe que esta vía supraminicipal empeza no concello de Cuntis, cuxos veciños de Portela, en concreto catro casas, non teñen acceso ao saneamento por culpa da improvisación da Deputación, que lles nega este servizo”, explicou o concelleiro nacionalista. “E falando de saneamento,” engadiu Magariños, “ningunha parroquia do Val de Vea, e o 90% das parroquias do rural conta con este servizo básico, iso si, teremos un novo campo de fútbol para xogar partidos da UEFA valorado en máis 1.200.000 €”.

“O alcalde afirma que de eliminarse as curvas perigosas o proxecto encareceríase”, indicou Xosé Magariños, “porén non lle parece excesivo investires unha cantidade moi superior nun campo de fútbol que non necesitamos. “É cuestión de prioridades,” afirmou o portavoz municipal do BNG”, e para nós proporcionar máis servizos é prioritario, e mellorar o trazado da estrada Portela-Souto de Vea foi unha demanda histórica do BNG e dos usuarios que habitualmente utilizan esa vía, que non son só os veciños da Estrada, xa que tamén a utilizan os de Cuntis, Moraña e mesmo Caldas de Reis, falamos dunha vía supramunicipal importante con elevado trafico, non dunha pistiña rural que conecta dúas aldeas”.

“Por isto”, indicou Xosé Magariños, “ao que lle poderíamos engadir a tramitación do PXOM ás costas dos veciños, ou a subida da contribución, deixando á marxe á igrexa católica, demostrando o BNG de Allariz que si é posíbel cobrarlles este imposto; por iso, non agarde do BNG aplausos con esta política de despropósitos que está a levar a cabo o PP, e si unha
crítica contundente, pero construtiva, no sentido de buscar sempre o mellor para os veciños da Estrada.”.

Bloque Nacionalista Galego da Estrada 

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta