Linho do Cuco estrea o seu novo traballo "As Alegrías" no Teatro Principal

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

Don Juan Constenla, edil de Cultura, acompañado de Xián Herrera, Benxamín Otero e Pablo Doval, compoñentes do grupo Linho do Cuco, preséntannos a estrea do novo disco da agrupación musical, «As Alegrías», que terá lugar o vindeiro sábado no Teatro Principal.

As entradas poden adquirirse unha hora antes na billeteira do teatro a un prezo de 5€, os que o desexen tamén poderán adquirir o disco a 10€, que con gusto lle adicarán os compoñentes do grupo.

Redacción: Iria Eiras

O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías. É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei,da Banda da Ribeira Vella, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés…

www.linhodocuco.com

Esta entrada fue publicada en Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta