Así o deron a coñecer nos pasados días o presidente do CIT, Don Luís Reimóndez, acompañado de Don Xosé López Vilariño.
O señor Reimóndez destaca, que a pesar da súa xuventude, Don Xavier Otero Neira é xa un dos pianistas máis destacados de Galicia. Galardoado en diversas ocasións nos últimos anos leva o nome de A Estrada alá por onde vai.
En canto a Don Valentín García Gómez, a pesar de ser nado en Silleda, reside dende hai anos na Estrada á que sempre impulsou como traballador do concello e agora como Secretario Xeral de Política Lingüística. Don Luís destaca a súa vontade por axudar sempre que é requirido e o seu traballo polo concello estradense.
Tamén se deu a coñecer o pregoeiro deste ano que será Don Ramiro Varela, médico e ciruxán infantil.
Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras






































