Xa están a venda as entradas para o espectáculo "ROMÁNTICOS" de Mofa e Befa

OLYMPUS DIGITAL CAMERAXa están a venda as entradas para o espectáculo «ROMÁNTICOS» de Mofa e Befa, que terá lugar este vindeiro xoves no Teatro Principal ás 21.30 h da noite.

Cun custe de 5,00€; as entradas poderanse adquirir de 9:00 a 14:00 horas na oficina do Departamento de Cultura ou o día representación na billeteira do Teatro dende as 20:00 horas.

DATOS OBRA:

DÍA E HORA: XOVES 16 (21.30 H)

EVENTO: “*ROMÁNTICOS*” (MOFA E BEFA)

XÉNERO e CLASIFICACIÓN: Comedia (+12)

DURACIÓN: 1 h 15 min

PREZO ENTRADA: 5,00 €

SINOPSE: O humor inconfundible de Mofa& Befa regresa aos escenarios para colocar un dos mitos contemporáneos no seu sitio: o espírito romántico. Nesta nova función, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz, sensibles ao que denominan auténtico espírito romántico, ironizan sobre, cómo ata o momento, este quedou reducido aos galáns de novela televisiva ou aos aniversarios de vodas, e buscan recordar as súas verdadeiras manifestacións. Ao largo da función, dirixida por Quico Cadaval, poderanse contemplar as asombrosas revelacións do psicoanalista arxentino de Rosalía de Castro, poderase ver ao conde Drácula cantando o famoso boleiro *Pasarán máis de mil anhos* e poderemos asistir a un consultorio para mellorar a nosa relación sentimental.

Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta