Julio Gallego gañador do XXXVII Concurso Internacional de Pesca do Salmón

IMG_6553O pasado fin de semana os cotos salmoeiros do Ulla, Sinde, Couso e Ximonde, acolleron a XXXVII Edición do Concurso Internacional de Pesca do Salmón. Nesta ocasión o gañador foi un cangués natural de Vigo que repite galardón, xa que xa o había gañado noutra ocasión, trátase de Don Julio Gallego Núñez, que, tras media hora de esforzo, conseguiu arrebatarlle o río Ulla ao seu paso por Ximonde un salmón de 10 quilos e 97 centímetros.

Entregáronlle a placa conmemorativa o presidente da Sociedade Deportiva Río Ulla de A Estrada que organiza o concurso, Don Miguel de la Calle, acompañado do alcalde, Don José López, e o Director Xeral de Conservación da Natureza, Don Ricardo García-Borregón. Este último destacou e agradeceu a gran labor que realizan pescadores e vixiantes para conservar os ríos.IMG_6582

A Sociedade Deportiva Río Ulla tamén agasallou aos compoñentes do programa de TVE “Jara y Sedal” polo seu traballo ao longo deste fin de semana nas ribeiras do Ulla cubrindo o concurso de pesca.

Fotografía, gravación e redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta