Volve o concurso de Tapas do Salmón a partir das 8 da tarde

tapa09Na primeira fin de semana do concurso de tapas do salmón os hostaleiros serviron máis de 2000 con preto de 1000 participantes.

Hoxe a partir das 8 da tarde continúa o concurso nos 17 locais participantes: Andalucía, Samaná, O Paseo, Os Peares, La Bombilla, Xantares, Navegación, Valenciaga, Argentinos Burguer, Nicol´s, O Café de Xulia, Boliche, Enredo, Don Juan, Eureka, O Lar e Scala. Dispoñedes de dúas tapas por establecemento que podedes ver na web oficial festadosalmon.com.

Ademais de hoxe, tamén as podedes degustar, o venres de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 e o sábado de 12:00 a 15:00 horas.

Como vedes os hostaleiros estradenses innovan superándose ano tras ano, cómense cos ollos!, ímonos de tapas, animádevos e Bo Proveito!

Fotografía: Maria Dono

Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta