Mañá ás 5 da tarde no Museo do Moble e da Madeira de A Estrada (MOME), terá lugar o acto de entrega dos premios do concurso de tapas desta edición da Festa do Salmón. Os galardoados coñeceronse o pasado luns cando o alcalde, acompañado dos concelleiros Juan Constenla, Nemesio Rey e Óscar Durán abríu diante dos medios de comunicación as cualificacións do xurado técnico do concurso de tapas do salmón, conformado polos chefs estradenses Javier Rey, Javier Fins e Federico López, para que se sumaran ao voto popular e se coñeceran os gañadores.
Tras o reconto, Argentinos Burguer fixo dobrete, xa que gañou coa súa tapa “Potito” e acadou a segunda praza con “Brétemas do Ulla”. En terceiro lugar clasificouse “Crocante de salmón con vinagreta de mel e mostaza”, do Bar Andalucía. Os tres premios, de 300, 200 e 100 euros, respectivamente, entregaranse esta semana nun acto público xunto con diplomas acreditativos aos 17 locais participantes.
En canto aos premios para o público, o estradense Carlos Loureiro, que completou o percorrido por todos os locais, levou 500 euros en vales para gastar nos establecementos de restauración e hostalaría que colaboraron con esta edición da Festa do Salmón. Ademais, tamén se sortearon os tres segundos premios, de 200 euros cada un, tamén en vales, e recaeron en Ana Arca Abalo, Miguel Ángel Castro Fernández e Javier Barreiro Lorenzo.
Tamén se entregaran diplomas de participación aos establecementos que participaron nesta segunda edición do Concurso de Tapas do Salmón.
Concello de A Estrada
Fotografía: Mariana Dono






































