Entrega de Premios do II Concurso de Tapas do Salmón

Todos tapas

O venres pola tarde tivo lugar a entrega de premios do II Concurso de Tapas do Salmón. Argentinos Burguer volveu gañar, igual que na anterior edición, o primeiro premio coa tapa “Potito” e o segundo con “Brétemas do Ulla”. A terceira tapa gañadora foi “Crocante de salmón con vinagreta de mel e mostaza” do Bar Andalucía.

Tamén se entregaron os vales que se sortearan o pasado luns entre os participantes no recorrido das tapas. O premio de 500€ o que optaban os que completaran os 17 locais participantes recaeu en Carlos Loureiro. En canto os tres vales de 200€ foron para Ana Arca Abalo, Miguel Ángel Castro Fernández e Javier Barreiro Lorenzo.

Por outra banda, os concelleiros Nemesio Rey, Mari Carme Durán e Amalia Goldar, fixeron entrega duns diplomas a todos os locais participantes no concurso. Aos que non puideron asistir a recoller o seu vale ou diploma enviaráselle por correo.

Parabéns a todos os galardoados e aos locais participantes pola súa imaxinación e traballo realizado nesta edición do concurso.

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta