Panadería Cervela vende máis de 3.000 bolsas na campaña solidaria con Cáritas

IMG_4119A empresa amósase “moi satisfeita” pola participación, a dez días para o remate da iniciativa, e polo elevado uso das bolsas, que provocou que se esgotaran as 10.000 rifas para o sorteo dun televisor de última xeración.

 

Xa se repartiron preto de 7.000 barras de pan nas delegacións de Cáritas e
de Servizos Sociais dos concellos onde está presente a panadería.

A empresa estradense Panadería Cervela xa leva vendidas máis de 3.000 bolsas de algodón no marco da campaña solidaria a prol de Cáritas que arrancou o pasado mes de febreiro. O xerente, Benigno Cervela, amosouse “moi satisfeito” da acollida nestes meses e animou aos clientes a “dar un último empuxón” mercando estas bolsas nos últimos dez días da iniciativa, xa que o seu importe doarase en barras de pan en favor da entidade benéfica e ademais colaborase coa preservación do medio ambiente ao minguar o consumo de plásticos.
A venda de máis de 3.000 bolsas de algodón xa supuxo o reparto de preto de 7.000 barras de pan para distribuír entre as familias necesitadas de cada concello por parte de Cáritas Parroquial ou dos departamentos de Servizos Sociais onde non haxa delegación da entidade benéfica. A participación na campaña está a ser especialmente salientable nos municipios da Estrada, Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.
Panadería Cervela tamén destaca a elevada utilización das bolsas de algodón por parte dos seus clientes. Proba delo é que as 10.000 rifas habilitadas para o sorteo dunha televisión de última xeración entre os que usaran estas bolsas xa están esgotadas.
Cabe sinalar que o sorteo celebrarase o vindeiro sábado 21 de xuño a partires das 12.00 horas nas instalacións do obradoiro principal de Panadería Cervela situado na Avenida de Santiago da Estrada.
Finalmente, a empresa estradense tamén quiso estender as felicitacións a súa clientela, non só pola gran aportación feita a esta campaña solidaria e medioambiental, senón tamén polo seguimento e apoio que lle está a mostrar a través das súas contas nas redes sociais Facebook (www.facebook.com/PanaderiaCervela) e Twitter (@PanCervela), onde suma preto de 400 seguidores en menos de catro meses.

IMG_4120Panadería Cervela é unha empresa familiar afincada na Estrada e que conta con preto de 70 anos de actividade adicada á elaboración e comercialización de produtos de panadería e pastelería. O proceso de modernización e innovación iniciado nos últimos anos permítelle ofertar na actualidade máis de 50 referencias de produtos, que comercializan principalmente nos oito establecementos propios que ten repartidos entre A Estrada, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Santiago de Compostela e Ames, así como nos establecementos colaboradores de Sanxenxo e Padrón. Panadería Cervela conta cunha media de 52 traballadores e no exercicio de 2012 alcanzou unha cifra de negocio de 1,91 millóns de euros.

Redacción: Panadería Cervela

Fotografías: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta