O pasado sábado o Teatro Principal de A Estrada acolleu o Concerto de Primavera, que organizou a Coral Polifónica de Berres en colaboración con Concello de A Estrada.
Nesta ocasión a Coral de Berres estivo acompañada da Coral Polifónica “O Chopo” de Pontevedra e do Coro Polifónico “A Traiña” de Cariño. Cada agrupación deleitou o público que se achegou ao principal con 5 pezas.
A Coral Polifónica “O Chopo”, dirixida por D. Manuel Rey Otero, interpretou a serenata “Oh Luna”, a foliada galega “Terra Meiga”, a habanera “Dicen que se muere el mar”, a peza “Nouturnio” e “Adelita”, canción popular mexicana.
O Coro Polifónico “A Traiña”, dirixido por D. Pedro V. Pina Requena, cantaron “Hanacpachap Cussicuinin”, “Esta Tierra”, “Compañeira”, “Cantares” e “La llamada”
A Coral Polifónica de Berres, dirixida por D. Diego Neira Sinde, interpretou unha peza popular andaluza, “Zorongo”, a popular portuguesa, “Cançao Alentejana”, outra popular galega “A Roliña”, a habanera “Linda Flor” e pecharon o acto coa peza “Maite”.
Fotografía e Redacción: Iria Eiras






































