A pesar de ter rexistrado a moción neste sentido, o Alcalde López campos non a incluíu na Orde do Día
O grupo municipal socialista levará ao próximo Pleno do mes de xullo, mañá xoves, fóra da orde do día, una moción para que a Corporación se pronuncie sobre o tema e tomar un acordo para que a Axencia Tributaria exima a todas as persoas afectadas dos expedientes sancionadores que na actualidade teñen abertos en relacións ás pensións do estranxeiro. Segundo os socialistas, son centos os afectados no Concello da Estrada e na Comarca.
A Axencia Tributaria está reclamando a pensionistas galegos que perciben pensións de outros países a presentación de declaracións complementarias da renda dende o ano 2008 Estas reclamacións aplícanse con recargo por intereses de demora e sancións.
Ante esta situación, que está xerando unha grave alarma nas persoas pensionistas e dado o elevado número de emigrantes que tivemos no noso Concello, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, someterá a consideración do Pleno esta moción. “A pesar de tela rexistrado no Concello dende o 10 de Xuño parece que ao Sr. Alcalde non lle interesa falar do tema, pois nin convocou comisión informativa para tratar o asunto e valóralo, nin a incluíu no debate plenario. Unha vez máis, dende que o Sr. López Campos é Alcalde, os temas molestos para o PP non chegan ao Pleno, pisoteando así a defensa dos intereses xerais dos nosos veciños e veciñas. O PP local impediu coa súa maioría unha toma de posición plenaria sobre a reforma da lei de educación, o rexeitamento da subida nos presos dos comedores escolares ou a reforma da lei de saúde sexual e reprodutiva, e agora parece que pretende ignorar a situación de centos de pensionistas”.
«Entre os veciños da Estrada hai pensionistas que teñen que pagar 9.000 euros, e incluso familias que teñen os seus aforros atrapados pola estafa bancaria de preferentes e agora ven como a Axencia Tributaria lles reclama 7.000 euros. Parécenos moi grave que se trate aos pensionistas como delincuentes fiscais, ao ter que pagar sancións desmesuradas por algo que descoñecían. É máis, existen dúbidas razoables de se deben tributar ou non por estas pensións, hai sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditaminando que non teñen que tributar aquí estas pensións».
«Non pode ser defendible que dende Hacienda se trate como defraudadores fiscales a pensionistas que no actuaron por mala fe, se non por descoñecemento, mentres dende o goberno se aproban amnistías fiscais para persoas que teñen defraudado a este país cantidades millonarias».
PSdeG PSOE de A Estrada






































