A Xunta de Galicia dalle largas á autovía ata A Estrada e evita comprometerse

PSOEO goberno galego responde con evasivas ás preguntas dos socialistas no Parlamento de Galicia en relación coa continuación e execución da Autovía de Santiago ata A Estrada.

O pasado mes de maio o grupo parlamentario socialista instaba ao goberno galego a aclarar no Parlamento se mantén o compromiso adquirido por parte da Xunta de Galicia co alcalde de A Estrada de que este vial estaría rematado antes do 2015. Ademais reclamaban os socialistas un compromiso da Xunta de Galicia, cos cidadáns sobre un calendario e unha consignación orzamentaria crible e executable.

O treito da Ramallosa- A Estrada, concebido como unha segunda etapa da Autovía Santiago – A Estrada, de 13,5 km e unha inversión de 76 millóns de euros, inicialmente, tiña unha pevisión de remate para o ano 2013 na súa totalidade. Se ben se veñen sucedendo por parte de responsables da Xunta de Galicia, así como por responsables locais do PP, numerosas promesas de novas datas sucedidas de numerosos aprazamentos. A finais do ano 2009 esta autovía é incluída no Plan Move da Xunta de Galicia, así como a conexión deste vial coa N-541, cunha previsión de remate que se traslada ao ano 2015.

Petición de debate en comisión parlamentaria e necesidade de compromiso con calendario e consignación orzamentaria crible

Para o deputado socialista Pablo García esta resposta amosa unha total falta de compromiso da Xunta coa Estrada, “pois dicir que a culminación da conexión entre Santiago e A Estrada será nun prazo o máis próximo posible é como non dicir nada e ignorar aos estradenses”. “Os socialistas seguiremos traballando para levar as preguntas realizadas á Comisión do Parlamento e buscando o compromiso real da Xunta sobre un calendario e orzamento de execución”

“A día de hoxe, os estradense descoñecemos que é o que pensa facer o goberno do PP na Xunta con respecto a esta infraestrutura fundamental para o noso Concello. O Plan Move da Xunta prevé o remate da AG-59 no ano 2015, pero a realidade é que non se ten realizado nin tan sequera o proxecto de execución da mesma. O goberno local de López Campos parece ter esquecido este proxecto fundamental para a Estrada, e aceptar que se perda no horizonte temporal sen data de realización prevista. Unha vez máis o PP, e o alcalde da Estrada realizan promesas propagandísticas que despois van desmontando con evasivas e pospoñendo no tempo definitivamente”, declaraban os socialistas da Estrada.

A Autovía ata A Estrada é fundamental como elemento vertebrador da Estrada e a súa comarca, permitindo a conectividade mediante unha vía de alta capacidade de todo o interior da provincia de Pontevedra, coa importancia que isto terá na dinamización socioeconómica de toda a zona. “É necesario coñecer que pensa facer, realmente, a Xunta con este proxecto. Saber que pensa facer o Sr. López Campos como alcalde da Estrada con esta falta de compromiso da Xunta coa  Estrada, se vai a actuar como Alcalde e velar polos intereses dos veciños e veciñas da Estrada, ou ben se vai a seguir obviando esta situación de falta de compromiso e continuar actuando servilmente ao PP, evitando levantar a voz contra as administracións gobernadas polo seu partido na busca de medrar persoalmente dentro do PP” concluíron os socialistas.

PSdeG PSOE de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta