Linho do Cuco colleitou un grande éxito no festival máis importante de Música Celta

Linho do cuco, despois de 3400kms vén de aterrizar da viaxe ao Festival Interceltique de Lorient onde fixo dous concertos venres 2 (Espace Bretagne) e luns 5  (Palais du congrés) ante un numeroso público local e internacional. Este grupo saído das aulas de aCentral Folque conságrase no escenario máis importante para este tipo de músicas atlánticas, un
festival de máis de 40 anos de historia e unha recoñecida traxectoria.

Deleite, asombro e moito baile do público, que ateigou os recintos nesta edición dun festival que conmemoraba a Asturias foron a tónica.

Linho do cuco é un grupo lalinense de música contundente. Música tribal galega mesturada coa sonoridade dunha orquestina paneuropea. Bombo, tambor, pandeiretas, gaita, acordeón, zanfona, oboe, frauta… que presentan neste ano o seu terceiro disco As Alegrias.

Web do grupo:
http://artistas.folque.org/linho-do-cuco/

Web do Festival:
http://www.festivaldelorient.es

Redacción: aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular

 

Esta entrada fue publicada en Música, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta