Facenda trata como “defraudadores fiscais” aos emigrantes galegos retornados
O BNG da Estrada organiza para o vindeiro mércores 4 de setembro unha asemblea informativa para abordar esta problemática que están a sobre os emigrantes retornados.
O BNG organizará unha asemblea informativa para todas aquelas persoas afectadas e interesadas polos requirimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria Española a quenes estiveron emigrados e emigradas e que perciben pensións dende outros
países. Neste acto público e aberto, que se levará a cabo o vindeiro mércores 4 de setembro, ás 20h, no Teatro Principal, intervirán Carme Adán (deputada no Parlamento Galego) e Xosé Antonio Leirós Gude, da asociación e emigrantes retornados “Marusía” e representante da plataforma de afectados do Salnés.
Milleiros de emigrantes galegos retornados, con pensións do estranxeiro, están a recibir requirimentos da Axencia Tributaria Española con comunicación de posíbeis sancións. O afán recadatorio da facenda española fixo que no primeiro mes, dende que empezaron a enviar estes requirimentos, xa recadaran máis de 3 millóns de euros entre os emigrantes galegos.
Hai que ter en conta que moitas das persoas afectadas descoñecen estas obrigas tributarias. Para os nacionalistas esta decisión é inxusta e o feito de impoñer sancións é inmoral por que afecta a un colectivo que percibe pensións baixas despois de traballar toda unha vida.
O BNG presentou iniciativas no Parlamento Galego pedindo que se revoguen os expedientes de cobro xa iniciados así como a anulación dos expedientes sancionadores. Outra das demandas dos nacionalistas van contra o cobro abusivo de intereses de demora por parte da Axencia Tributaria Española. O BNG solicitará, do Goberno español, unha modificación da Lei para garantir a igualdade de trato para os emigrantes retornados.
Redacción: BNG A Estrada






































