O BNG propón que a casa das letras sexa unha homenaxe a “Rosalía de Castro”

IMG_4929O portavoz municipal do BNG ven de presentar un escrito no rexistro do concello no que propón que “a casa das letras leve o nome da escritora Rosalía de Castro, chamándose así Casa das Letras “Rosalía de Castro””.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista “neste ano 2013 cúmprese o 150 aniversario da publicación da obra “Cantares Gallegos”, o que funda de xeito irreversíbel o sistema literario galego, sendo por iso a efeméride escollida para a conmemoración do día das nosas letras.”

“No BNG pensamos”, engadiu Xosé Magariños, que “lamentabelmente A Estrada non ten feito o suficiente por promover o recoñecemento desta escritora que ten mérito dabondo pola súa calidade e tamén polos valores que lle acompañan (dignificar a nosa lingua e as mulleres) motivos de sobra para recibir unha atención institucional axeitada, cousa que até día de hoxe non ocorreu”. “Neste sentido”, explicou o concelleiro nacionalista, “temos que
recordar que este goberno municipal do PP non fixo ningún acto de homenaxe polo 175 aniversario do nacemento da nos escritora máis universal”.

“Apelo polo tanto,” explicou o concelleiro do BNG, “a sensatez, á sensibilidade do PP cara a escritora máis importante que ten Galiza, e non impida que o edificio público principal dedicado a promover a lectura e dinamización cultural, non leve nome da persoa máis relevante na historia da nosa literatura e cultura, Rosalía de Castro”.

“Agardemos que o goberno municipal do PP sexa sensíbel,” explicou Xosé Magariños “e coma sempre non se parapete en argumentos localistas ou sexistas, para impedir esta homenaxe a Rosalía de Castro, que sen dúbida gozaría do consenso de todos os veciños e veciñas da Estrada”. “Non facelo,” engadiu Magariños, “estariamos degradando a imaxe pública de todos os estradenses.”

Redacción: BNG de A Estrada

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta