O PSdeG PSOE fai unha valoración dos últimos acontecementos acontecidos en A Estrada

IMG_9891Comeza un novo curso político e o PSdeG PSOE de A Estrada en voz de Don Xosé Antonio Dono, acompañado das concelleiras Belén Louzao e Montse Maceiras, mostra que a súa “visión alónxase bastante do que o alcalde trata de vender con visitas ao Presidente da Xunta, con visitas de conselleiros á Estrada, con roldas de prensa de presentacións de Plans Xerais…, a realidade é un pouco diferente”.

O líder socialista considera que a visita a Núñez Feijoo non é máis que un principio de “curso mediático e propagandístico que non sirve para nada”, xa que non se se fixo nada en estes dous anos e medio de lexislatura e continuarase sen facer nada, “nin coa autovía, nin en solo industrial, nin en ningunha outra obra importante das que ten pendentes este concello”.

En canto ao colexio Pérez Viondi denuncia que “ao mesmo tempo que se fai o Pérez Viondi se reduce o número de profesores” sendo o colexio con máis matrículas.

Por outra banda Dono demanda que o concello da Estrada é un dos que menos inverte por habitante, 48€, de toda a comarca, “concentrando en campos de fútbol e vías da Deputación a inversión que lle corresponde ao concello de A Estrada para todo o termo municipal da Deputación”, provocando o deterioro dos servizos esenciais como bacheo ou desbroces.

IMG_9884Se ben é certo que consideran un logro importante para á Estrada a aprobación do PXOM no que participaron activamente, “segundo as propias palabras do alcalde practicamente non se modificou”, avisan que xa ten unha reclamación de dous millóns de euros e que poden aparecer máis por falta de diálogo cos afectados por parte do goberno local. Por iso instan ao alcalde a que teña “menos euforia, menos triunfalismo, máis humildade e máis diálogo nesta cuestión”

No que concirne ao IBI consideran que a subida debería repercutir en mellorar os servizos aos veciños xa que “non se pode estar por un lado pedíndolle aos estradenses a maior subida no IBI da historia do concello, temos un IBI que se pode comparar co de Santiago, e ao mesmo tempo ter os servizos de Campolameiro ou de Agolada”. Tamén avisan que vai haber unha subida importante deste imposto co novo plan e que “neso debería estar traballando o alcalde”.IMG_9853

En canto as obras que se realizan no concello denuncian que se contratan empresas foráneas en vez de empresas estradenses e instan ao alcalde a que “se non has hai faga vostede porque as haxa, porque non está facendo nada en política industrial”.

Para rematar piden ao alcalde que se “centre na xestión, que se centre en que os estradenses teñan uns impostos razoables para os servizos que reciben e faga menos publicidade”.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Política, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta