A Estrada acollerá o venres a carpa itinerante "Xplora Xuventude"

A Estrada acollerá este venres, entre as 17,00 e 20,00 horas, a carpa informativa ‘Xplora Xuventude’, da Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo proporcionar información e asesoramento á mocidade. En concreto, a iniciativa estará emprazada na Praza do Concello.

Esta carpa forma parte dunha campaña informativa, promovida polo departamento autonómico, que tenta achegar a pé de rúa os distintos programas e recursos destinados a mocidade.

Os mozos e mozas que se acheguen ata a mesma contarán con información e asesoramento proporcionados por técnicos especializados sobre programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade,.., entre outros.

A carpa tamén servirá como un espazo para que grupos de mozos e mozas, así como entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas, a modo dun escaparate do talento xuvenil.

Esta iniciativa percorrerá un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta