A inscrición para o Certame de Novos Intérpretes Solistas xa alcanza os 20 participantes
O Certame de Novos Intérpretes Solistas xa chega a súa duodécima edición e xa conta con 20 inscritos dúas semanas despois de abrirse o prazo de inscrición. O evento permite un máximo de 40 participantes por orde de inscrición, polo que, aínda que o prazo termina o vindeiro 30 de outubro, poida que se peche antes ao esgotarse as prazas no certame. Así no lo indicou José Antonio Valcárcel en representación de Calzados A Esquina, establecemento que organiza o evento, acompañado de Mercedes Cuiña, presidenta da Fundación do Moble, e Juan Constenla, concelleiro de Cultura.
O Certame terá lugar o 9 de Novembro ás 19:00 horas no Teatro Principal de A Estrada e conta con premios de 600, 400 e 200 aos tres mellores solistas divididos en dúas modalidades: vento madeira e vento metal.
Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras








































