O pasado venres no marco da Feira do Moble de Galicia tivo lugar o acto de entrega do Premio Periodístico Manuel Reimóndez Portela que nesta ocasión recaeu en Don Xosé Luna Sanmartín.
O homenaxeado, acompañado de familiares e amigos, recibiu o premio de mans do alcalde, Don Xosé López, e o diploma acreditativo da presidenta da Fundación de Exposicións e Congresos, Dona Mercedes Cuíña.
No apartado de intervencións ademais dos anteriormente mencionados tamén participaron
Don Juan Andrés Fernández, membro do comité do premio, que foi o encargo de dar lectura a acta do xurado co fallo do galardón, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, que recibiu de mans do concelleiro de cultura, Don Juan Constenla, unha medalla conmemorativa.
Previamente Don José López Vilariño, membro do comité de seguimento do premio realizou unha ofrenda floral ao monolito a Reimóndez Portela sito no recinto feiral.
Como peche do acto reproduciuse o himno de A Estrada.
Gravación: Adrián Eiras e Iria Eiras
Fotografía e Redacción: Iria Eiras






































