Unha nova aplicación permitirá aos estradenses denunciar incidencias a través do móbil

IMG_4481Onte foi presentada polo rexedor, Xosé López e o director executivo da empresa eLABORO, Jesús Velasco, unha nova aplicación que xa está dispoñible para baixar de Google Play para móbiles smartphones con sistema Android. O programa é totalmente gratuíto e a finais de ano espérase que estea tamén dispoñible para teléfonos iPhone.

[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/GHXt8a» standard=»http://www.youtube.com/v/YOIlhBBk_MM?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=YOIlhBBk_MM&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=&notes=» id=»ep1752″ /]

IMG_4498A aplicación permite, previa instalación e rexistro, enviar incidencias ao concello que dende alcaldía derivaran aos respectivos departamentos. Ao realizar a denuncia pódese agregar unha foto da anomalía ou infracción e a situación GPS da mesma.

O usuario de city 4aestrada, nome que recibe a aplicación, pode seguir o desenvolvemento da mesma, sendo informado de cando está solucionada. O concello disporá dun mapa con puntos vermellos onde se atopen as incidencias e que se volverán verdes unha vez reparadas. Desta forma ao final de ano poderá dispor dunha estatística de todas as incidencias.

A través do móbil o cidadán poderá realizar tamén realizar suxerencias ao concello. O servizo estará dispoñible os 365 días do ano e as 24 horas do día.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Compárteo!

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta