A asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea organizou o pasado xoves unha charla de nutrición e bos hábitos alimentarios impartida pola asesora nutricional Clara Torres.
Trala charla as asistentes puideron preguntarlle dúbidas e tópicos cos que nos atopamos habitualmente.
Clara tratou os seguintes puntos que ela mesmo nos resume:
A Organización Mundial da Saúde xa considera a obesidade como unha epidemia a nivel mundial. Máis da metade da población española está por enriba do seu peso recomendado, e se falamos da obesidade infantil, case un de cada dous nenos ten un peso superior ao recomendado para a súa estatura e idade.
O verdadeiro problema está en que a obesidade se relaciona coas principais enfermidades crónicas como diabete tipo 2, hipertensión arterial, certos tipos de cáncer e coas enfermedades cardiovasculares.
Tanto sobrepeso como obesidade son causas dun estilo de vida inadecuado. Unha mala alimentación e o sedentarismo facilitan que a graxa se deposite e a báscula marque cada vez máis quilos.
A solución parece sinxela, e de feito o é. Todo está nas nosas mans e basta con seguir 5 puntos clave:
– Beber un litro e medio de auga cada día
– Aumentar o consumo de froitas e hortalizas, así como de cereais integrais
– Reducir o consumo de grasas e azúcares
– Facer un reparto calórico adecuado, comezando por un bo almorzó
– Dedicar unha hora ao exercicio, como mínimo tres días á semana.
Clara Torres Campos ten consulta en A Estrada no centro terapéutico Alameda, na rúa Serafín Pazo, 31 Baixo, Telf. 986 570074, email: claratorrescampos@gmail.com
Redacción: Iria Eiras e Clara Torres
Fotografía: Iria Eiras






































