A facultade de medicina de Santiago homenaxea a Manuel Reimóndez Portela polo seu patrón

A facultade de medicina de Santiago dedica a celebración do día do seu patrón –San Lucas-,  a homenaxear a figura do médico rural galego.

Dito acto académico organizado polo decanato da facultade, terá lugar o próximo venres día 18 de outubro ás 12 horas no salón de actos de Medicina en Santiago.

A homenaxe estará personalizada na figura do Dr. Manuel Reimóndez Portela, como paradigma do médico rural pola súa traxectoria profesional, persoal e humanística, conmemorando ao tempo o 20 aniversario da publicación da súa obra “Un médico na aldea”.

No acto –aberto ao público- intervirán o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García e pronunciará unha conferencia  o escritor Xosé Neira Vilas. Intervirán así mesmo os doutores Juan Gestal Otero (Decano de Medicina), D. José Carlos Bastida Calvo (Presidente de SEMG-Galicia); D. José Ignacio Vidal Pardo (en representación do Consello de Colexios Oficiais de Médicos de Galicia); D. Luis Verde Remeseiro (Xerente do Hospital Clínico de Santiago), pechando o acto D. Juan Casares Long, Reitor da Universidade de Santiago.

De seguido procederase á descuberta dunha placa conmemorativa da homenaxe, obra do escultor José Conde.

 

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta