A plataforma de emigrantes retornados de A Estrada reclaman que vai alá unha semana sen novas do alcalde

IMG_2162Representantes da Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada reuníronse co alcalde o pasado día 10 de outubro, onde se comprometeu diante das oito persoas da plataforma a convocar unha reunión co presidente do PP de Pontevedra e presidente da Deputación de Pontevedra, o Sr. Louzán.

Logo dunha semana daquela reunión, nunca máis se soubo do alcalde da Estrada, nin para ben nin para mal, e seguimos agardando unha cita, na que moitos veciños do noso concello teñen depositadas as súas esperanzas para solucionar os problemas xerados pola aplicación inxusta dunha lei aprobada en 2006 e non aplicada até este ano con carácter retroactivo.

Por outro lado, é bo que saiba o alcalde, que moitos dos nosos veciños están atravesando unha situación límite e non vamos a agardar indefinidamente unha resposta e unha solución aos nosos problemas.

Por outra parte, reiteramos a convocatoria de concentración que teremos o vindeiro mércores 23, ás 11,30 horas, diante da delegación da Axencia Tributaria da Estrada. Nós somos pensionistas, non somos defraudadores fiscais, e non pararemos até frear en seco esta inxustiza.

Redacción: Plataforma de emigrantes retornados de A Estrada

Fotografía pleno outubro: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Educación e Sociedade, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta