A partir deste luns poranse á venda as entradas dos concertos de LEILÍA, que se celebrará o venres 29 de novembro ás 22.00 h no Teatro Principal da Estrada, e do concerto de VAAMONDE, LAMAS E ROMERO a celebrar o día 5 de decembro ás 22.00 h tamén no Teatro Principal.
As entradas, que terán un custe de 10,00€, poderanse mercar no departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina de 10:00 a 14:00 horas.
Redacción: Departamento de Cultura






































