O PAZO DE OCA

01 403A  O son da auga, procedente de varias fontes situadas dentro dos xardíns do coñecido coma O VERSALLES GALLEGO, envolve cada paso dado na visita ó pazo en serenidade, paz e tranquilidade.

01 664A

01 535A

    Cando traspasamos  as portas de entrada do devandito Pazo, semella coma se fósemos situados noutro espazo temporal, polo cal aínda non pasaron os anos. Iso faise patente cando visitamos o museo de apeiros de labranza que está no interior do Pazo.

01 422A

01 360A

01 435A Nos xardíns, tanto te  podes atopar dentro dun labirinto de buxos, tentando saír, para logo desfrutar do encanto do Estanque, coma sentarte nunha cadeira de pedra ante o Paseo dos Tilos e imaxinar que  diante nosa está a celebrarse un enfrontamento entre cabaleiros  medievais.  01 505A

01 523A

01 551A

01 670A

Destacables son as diversas variedades de árbores de camelias, que coas súas flores visten de cores os invernos no Pazo.

01 633A

01 645A

01 637A

 Sen dúbida, O PAZO DE OCA, na parroquia estradense de Oca, é un conxunto arquitectónico e botánico recomendable para visitar, tanto para os estradenses coma para todos aqueles que se acheguen  de visita polo noso concello.

01 267A

01 277A

 

Redacción e fotografía: Ana Requeijo

Esta entrada ha sido publicada en Percorrendo Galicia, Turismo y etiquetada como . Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta