O pasado venres o Recinto Feiral estradense recibiu a visita dunha Misión Internacional de prescriptores de opinión e organizadores de eventos organizada pola asociación Galega de Feiras (AGAFE), da cal a Fundación de Exposicións e Congresos forma parte.
A Misión, estivo integrada por seis membros procedentes na súa maior parte do veciño país de Portugal e de Reino Unido. Os integrantes, forman parte dunha rede internacional de tour operadores que veñen coa misión de visitar os diferentes recintos feirais a fin de, entablar algún tipo de relación comercial que lles permita realizar algunha actividade, a maiores dás que xa teñen programadas e ditos recintos.
Redacción: Fundación do moble
Fotografía: Iria Eiras






































