Fin de semana de comedia no Principal

A programación do principal para este fin de semana acolle dúas comedias da compañía Talía Teatro.

web_bicos con lingua (4)_1Para comezar o venres ás 21:00 horas porase en escea a obra «Bicos con lingua». A representación de 50 minutos de duración está recomendada para maiores de 12 anos.

Este divertido espectáculo, o máis representado da historia recente do teatro galego e que está a celebrar a xira do seu décimo aniversario, nace dun forte sentimento de amor a lingua galega. Pero non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. O que pretende a montaxe é que esta supoña para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío.

Foi creada por Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lama, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría.

Os encargados da posta en escea son artur Trillo e Toño Casais.

As entradas estarán a venda dende unha hora antes na billeteria do teatro a 5,00€

pequena1Xa no sábado chega unha representación máis do Ciclo Colorín Colorado, como xa é habitual ás 12:30 horas. Nesta ocasión representarase a obra «Pequena», de 55 minutos de duración e que vai dirixida a rapaces de entre 4 e 10 anos.

Hai pequenas que son xigantes, bomo Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polgariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito.

A autora da obra é Paula Carballeira e será representada por Marta Ríos.

As entradas estarán a venda dende unha hora antes na billeteria do teatro a 3,00€.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Departamento de Cultura

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta