A semana que ven dende Tequexetéldere inciamos un proxecto no que xa viñamos traballando algún tempo. Comezaremos 4 escolas máis de baile galego en catro parroquias do Concello A Estrada.
As parroquias onde estaremos son Arnois, Berres, Santeles e Codeseda. O sábado 16 teremos reunións informativas cos interesados sobre as clases, e aquí vos deixamos os lugares e as horas:
SANTELES: ás 10:00 hs na Escola de Santeles.
CODESEDA: ás 12:30 hs na Escola Vella de Codeseda.
ARNOIS: ás 16:30 hs no Centro Social de Arnois
BERRES: ás 18:00 hs no Teleclub de Berres
Redacción: Tequexetéldere






































