Deron comezo ás II Xornadas coa historia da Estrada como protagonista

IMG_0152O Seminario de Estudos Locais da Estrada inaugurou este venres as segundas xornadas do Foro de Galicia Milenio onde se pode coñecer algo máis da historia da Estrada.

Na presentación estiveron presentes Luis Reimóndez, Xesús Palmou, Noni Araujo, Chus Fernández, Juan Constenla, Manuel Sanmartín, Marcelino Agís e Varela Cives, entre outros.

Na primeira xornada tivo lugar unha mesa redonda sobre dous pesoeiros do século XX vinculados cá promoción da lingua galega. Interviron Xesús Palmou, que falou sobre o xuíz Manuel García Ramos, e Noni Araujo, que se centrou na figura da mestra Josefa Varela Pazo. Actuou como moderador Manuel Sanmartín Durán.

IMG_0185Nos vindeiros venres 22 e 29 completaranse as xornadas desta edición ás 20:00 horas no Museo do Moble e da Madeira, MOME.

O 22 a mesa redonda será sobre persoeiros do século XX que desacaron no eido do deporte. Nela intervirán Alfonso Varela que falará sobre Gonzalo Varela Agrelo, xogador do Celta de Vigo, e Manuel Blanco e Ramiro Cimadevila que abordarán a tradición ciclista na Estrada, pasao e futuro. Actuará como moderador Ramiro José Francisco Varela Cives.

O 29 a mesa redonda será sobre imaxes de lugares emblemáticos do casco urbano da Estrada. Intervirán Marisé García e Juan Andrés Fernández contextualizando algunhas das imaxes. Actuará como moderador José Luis Reimóndez. Tamén haberá unha porxección con imaxes dos momentos máis salientables das conferencias e intervencións.

O último día ás 21:15 horas terá lugar a clausura das Xornadas.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Esta entrada fue publicada en Cultura, Portada. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta