O Ralli fotográfico "A Estrada no teu obxectivo" transcorreu este sábado coa participación de 18 fotógrafos

DSC_0027Durante a xornada do sábado discorreu o Ralli fotográfico «A Estrada no teu obxectivo». Os participantes reunironse no MOME ás 10 da mañá para recoller as acreditacións, presentándose un total de 18 fotógrafos.

Os participantes tiñan toda a xornada e a noite do sábado para o domingo para realizar as fotos necesarias para o concurso, das cales 6 serán de temática fixa podendo presentar 4 máis de outros motivos de A Estrada que desexen.

DSC_0119As fotos que teñen que presentar obligatoriamente son do Arenal de Berres, Pazo de Oca, O Camiño de Santiago ao seu paso por San Miguel de Castro, paisaxes naturais, dinamismo nas rúas da vila de A Estrada e motivos de artesanía local: coiro, madeira, cerámica…

Ás 7 da tarde tiñan como punto de encontro o lagar de sidra de Jesús Armenteros en Ribela, onde lles amosaron o lagar e probaron sidra e zumo de mazá acompañado de castañas asadas. Alí recibiron a visita do concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, e realizaron unha foto de grupo.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía cedidas por catrogatos

Esta entrada fue publicada en Portada, Turismo. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta