Feira cabalar de San Martiño que se celebrou este ano en Guimarei tiña como novidade a realización dun raid hípico de carácter social, sen necesidade de estar federados os participantes, en posteriores edicións Socade tratará de darlle un nivel maior tentando incluílo no programa da Federación.
O raid disputouse nun circuito de 20 km a través de Lagartóns, Liñares, Moreira, Berres e Callobre, o que había que dar dúas voltas completando 40 km de recorrido, partindo e
chegando ao recindo de Guimarei, onde os cabalos pasaron controis veterinarios e se refrescaron ao remate do circuito.
O gañador desta edición foi Iván Lois Recuna, xinete de Vilagarcía, coa súa besta Princesa de Alaba. En segundo lugar chegou Diego Cuñarro Rozas, de Lalín, a cabado de Kaliak LB. O terceiro posto foi para Andrés Miniño, de Vigo, con AM Pascua. Este último tamén levou o trofeo á mellor condición física.
Ademais da competición, como todos os anos, moitos amantes dos cabales achegáronse ata o recinto feiral de Guimarei a cabalo.
Redacción e fotografía: Iria Eiras
Fotografía xinetes pola vila cedidas por catrogatos






































