Ainda que o seu nome é PRAIA DE AUGAS SANTAS, turísticamente é máis coñecida coma PRAIA DAS CATEDRAIS. A erosión caprichosa do auga e do vento formou covas mariñas con forma de arco que nos lembran a forma dos arbotantes das catedrais. A Praia das Catedrais ofrecenos duas visións distintas da mesma Praia nas horas de marea alta ou marea baixa. . Se a visitamos con marea alta gozaremos das vistas da Praia dende os acantilados colindantes, sempre con moita precaución, pois no camiño aparecen profundos buracos que nos poden dar un bo susto. Pola contra, se a visitamos na marea baixa, poderemos disfrutar dun paseo entre as fermosas covas mariñas labradas pola auga, grutas de decenas de metros e dun longo areal delimitado por una parede rocosa, erosionada polo mar, que formou pasillos entre bloques de rochas. Os arcos de máis de 30 metros de altura, como comentamos anteriormente, asemellanse ós arbotantes das catedrais, de ahí asimila o seu nome a Praia de Augas Santas ou Catedrais. Nas horas de marea baixa podemos acceder a pé polo areal ata as praias colindantes e disfrutar totalmente desta maravilla da natureza, tendo sempre conta do reloxo, posto que a marea sube tan rápido que nos pode deixar atrapados. Esto sucede por que a costa é casi horizontal. O día que nós visitamos a Praia das Catedrais a marea estaba moi alta, e non poidemos acceder ó areal, pero sí percorrer un bo trozo do sendeiro sobre os acantilados e facer as fotos dende alí. A continuación una pequeña mostra de que a Praia das Catedrais é todo un monumento natural que todos temos que visitar.
Redacción e fotografía: Ana Requeijo.






















































