Xa se atopan abertas as inscricións para o campus deportivo de Nadal.
O deporte é unha manifestación que cada vez conta con maior relevancia nas nosas vidas. O Concello da Estrada fai anos que valora a importancia da práctica de actividades físico-deportivas como complemento indispensable de vida, debido os beneficios que destas
prácticas se obteñen.
As vacacións de Nadal, convertese nun periodo axeitado para que os/as menores desfruten da práctica deportiva a través de acción motivadoras.
Despois do éxito e da gran demanda que tivo o Campus de Verán, a Concellería de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá presenta este Campus de Nadal 2013, dende o 23 de decembro de 2013 ata o 8 de xaneiro de 2014. É unha actividade que durante 10 días (os días festivos non haberá actividade) polas mañáns en horario de 10 a 14 horas, permitirá que aparte da práctica deportiva, os participantes poidan experimentar novas experiencias con xogos de simulación deportiva como esquí, snowboard ou karts.
O número de prazas está limitada a 50 participantes con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos. A data límite para á inscrición é o mércores día 18 de Decembro.
O Campus de nadal non oferta servicio de transporte, polo que os participantes deben de estar nas instalacións deportivas municipais as 10 horas, e deben de ser recollidos as 14 horas.
O prezo é de 25 €/alumno e o único desconto e para o segundo e terceiro fillo da mesma unidade familiar, que serían 15 €/alumno e 10 €/alumno respectivamente.
Para máis información: Telf: 986 570 030
deportes@aestrada.es
www.aestrada.com
Redacción: Concellería de Deportes






































