MUXÍA (2º PARTE): FARO DA PUNTA DA BARCA E MIRADOR DO CORPIÑO.

02 1004 copia

O faro da punta da Barca, Muxía, (A Coruña), foi posto en servicio no ano 1926. Está colocado nun entorno privilexiado: ó pé do santuario da Virxe da Barca. Co mar coma liña divisoria, enfrente del vemos o Faro do Cabo Vilán. No ano 1981 a torre orixinal foi recambiada pola actual. O faro actualmente está en servicio, sendo testigo mudo de moitos temporais e naufraxios.

 

02 696 copia 02 643 copia

 

 

O mirador do Corpiño, lugar de visita obrigada na nosa visita a Muxía, ubicase detrás do templo da Virxe da Barca. Subir a él nunca nos defraudara, dende alí podemos ver todo o entorno que arrodea o Santuario de Muxía. Con 68.7 metros de altura, accedese a él dende unha rampa que parte dende o templo da Barca. O término  «Corpiño»,  (diminutivo de corpo en galego), en castelán significa «corpo pequeño», polo que despois de consultar varias fontes para esta redacción, chegamos a conclusión que nalgún momento do noso lonxano pasado alí houbo un  cementerio, que cobra importancia por estar no entorno do santuario da Barca.

 

02 1081 copia

Chegados ó alto do mirador, vemos una pequena cruz. Se miramos hacía abaixo os tellados da vila recibennos con todo o seu colorido.

02 1076 copia

Dende o mirador do Corpiño as vistas son magnificas, miremos para donde miremos.

02 1078 copia

Temos que facer una mención especial nesta entrada a Igrexa de Santa María de Muxía.  De estilo románico, ten a particularidade de que o seu campanario esta entre rochas, rochas que forman parte da base do Mirador do Corpiño.

 

En estas duas entradas fixemos mención especial a catro lugares (ubicados no entorno do santuario da Virxe da Barca)  que teñen que ser visitados na vila de Muxía, pero de seguro que hai moitos máis. Na próxima viaxe a Costa da Morte de seguro que os acharemos.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo.

Esta entrada fue publicada en Percorrendo Galicia. Guarda el enlace permanente.

Deja una respuesta