O pasado luns, conmemorando o día contra a Violencia de Xénero, a Praza do Concello de A Estrada acolleu unha concentración contra o maltrato ás mulleres.
A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, en representación de toda a corporación municipal fixo lectura dun manifesto aprobado no pasado pleno de novembro. Previamente prenderon unhas candeas en recordo das víctimas pola violencia de xénero e remataron o acto gardando un respetuoso minuto de silencio.
Redacción e fotografía: Iria Eiras
Gravación: Adrián Eiras






































