Un ano máis a comisión da Festa dos Callos de Matalobos ten preparada unha gran festa no marco das súas festas patronais, na honra a Santa Eulalia.
Ás 13:30 horas terá lugar a misa cantada pola Coral San Paio onde se entregará o ramo aos novos cofrades. Unha vez rematada a celebración litúrxica, os actos festivos trasladaranse a carpa sita no campo da festa, carpa pechada e ambientada con canóns de calor. Alí amenizará os momentos previos ao xantar o grupo folclórico Tequexetéldere.
A comida está prevista a partir das 14:30 horas, onde se poderá comer callos a fartar polo módico prezo de 10€, os menores de 12 anos, 5 €, e os menores de 5 anos de balde. O menú ademais do prato do día, inclúe pan, viño, postre, café e a cazoa de barro de agasallo. ademais tamén se poderán adquirir racións para levar a 5€.
[embedplusvideo height=»388″ width=»640″ editlink=»http://bit.ly/1iswTBa» standard=»http://www.youtube.com/v/c2p7wdOmDNU?fs=1&hd=1″ vars=»ytid=c2p7wdOmDNU&width=640&height=388&start=&stop=&rs=w&hd=1&autoplay=0&react=0&chapters=¬es=» id=»ep4830″ /]
Os tíckets pódense adquirir ata o 12 de Decembro no Asador de Leo, Taberna Aurora, Carnicería Coto de Liñares, Café de Xulia, Eureka, Paradero, A Caldesiña e A Esmorga.
Para pechar a festa a partir das 17:30 horas comezará unha gran verbena coas orquetras Filadelfia e Aché.
Gravación: Adrián Eiras
Redacción e Fotografía: Iria Eiras




































